lunes, 19 de abril de 2010

Valoración de webs

Frikisport:
O deseño pareceme logrado, en xeral, excepto polo menú de seccións, que resulta complicado de ler. A temática non é a miña favorita, pero creo que as seccións están tomadas con humor. Funcionan todas as páxinas e non tarda en cargar.
nota: 7

Bang:
Gustame moito a estética en xeral e os contidos. Quizais quitaría as pistolas para avanzar nos menús, ou faríaas máis pequenas. Algunhas veces tarda en cargar. É sinxela e está ben organizada.
nota: 8

Revolucine:
Gústanme a imaxe inicial, e da sección redes. Creo ademais, que hai traballo no desenrolo do test. Non me gusta a animación estilo Matrix, non sintoniza co resto. É unha páxina entretida.
nota: 7'25

Maldia:
Creo que ten unha estética adecuada e constante en toda a páxina. A páxina está ven ordenada, se cadra un pouco confuso navegar na sección de Multimedia. A tipografía do menú quedou moi ben, pero pode resultar dificil de ler.
nota: 8

As Tres En Punto:
Sen dúbida, a de mellor estética. Información sinxela de atopar e ler. Moi completa en contido. Nas seccións de contacto hai algún problema, e non se ve unha imaxe.
nota: 9'5

Neoteristad:
Gústame o logo da páxina, e creo que debería estar no centro (non me gusta a imaxe da man). Ben en contidos. Visualmente está moi ben, pero eu tería usado tablas para encadrar os textos.
nota: 7

As de Corazóns:
Visualmente é sinxela e apropiada. Os contidos (moi completos e entretidos), son doados de atopar. Eu non tería usado a tipografía times nalgúns casos. Algunhas imaxes non cargan.
nota: 8

Madreselva:
Dá unha imaxe moi profesional. Práctica, sinxela, e con moita información, sen desplegar un sinfín de menús. Paréceme redundante indicar as seccións por duplicado.
nota: 8'75

Chita Fan Club:
A estética da páxina non me acaba de convencer, o amarelo sobre o verde molesta un pouco ó ler; nin o fondo con textura de madeira. O contido parecem moi orixinal e interesante.
nota: 6

Transportes M.Gesteira:
A páxina ten unha apariencia moi profesional, pero tamén me parece un pouco sobria. A sección de flota pareceme moi elaborada. A imaxe da muller cos beizos pintados non me encaixa no resto.
nota: 8

Deporte no es solo fútbol:
Creo que esta páxina é un caos para os ollos. Hai demasiadas cores que convinan mal. A información e os contidos están ben elaborados, e o organigrama da web é sinxela, pero deberían estar mellor presentados, resultaría máis interesante.
nota: 5'75

Mequetrefes:
En xeral, está moi ben. É doada de empregar, e as cores son harmónicas. Creo que as imaxes da sección "quenes somos" poderían estar mellor. Respecto a mezclar letras de distintas tipografías, pode resultar confuso. As seccións non amosan problemas para cargar.
nota: 7'75

Se Te Va La Olla:
Os contidos desta páxina, e a utilidade que podería chegar a ter se fose "real", parecenme moi interesantes. A funcionalidade é boa, porén, a estética non a mellor. Empregar unha soa cor de fondo tan intensa, non é agradable. Creo que estaría máis claro se se empregaran táboas.
nota: 6

Mastercav's:
Pareceume un pouco confuso que se empregara aquí a temática dos naipes, porque non a tiñamos porque relacionar co contido da web, e complica un pouco o acceso á información. Pero non deixa de ser orixinal. Os contidos creo que están ben, e son curiosos (alomenos para nós). A estrutura da páxina inicial é distinta, pero gústame.
nota: 7'25

SMDb:
A idea é moi orixinal. A ouija está moi ben levada a cabo, coma o resto da estética en xeral. Os contidos son moi curiosos e entretidos, pero acceder a eles nunha primeira visita, non parece moi claro. Non me gusta a animación do televisor sen sinal, polo son que se repite cando lle cadra.
nota: 9

domingo, 18 de abril de 2010

A miña valoración das webs

Frikisports
Personalmente non me gustan as animacións ó comezo das páxinas web, pero obviando iso a páxina non está mal. Quizais o deseño en sí tampouco é a panacea, pero ten seccións interesantes e todo funciona ben.
Nota: 8


Bang
Unha páxina sobria, ben feita, con moito traballo detrás. A navegación é fácil e intuitiva, e o tráiler está moi ben.
Nota: 10


Revolucine
A idea está moi ben, aínda que personalmente non me gusta cómo se conforman as historias.
Navegación sinxela e ben resolta.
Nota: 8


Maldia
Penso que fixemos un bó traballo tendo en conta que ningún de nós tiñamos base de deseño web. Non buscamos innovar porque iso rompería coa utilidade da páxina, que non é nin máis nin menos que ofrecer información útil dun grupo de música metal.


AsTresEnPunto
Unha das páxinas mellor diseñadas. Moita orixinalidade e moito traballo, que deron so seus froitos. Quizais a letra é un pouco pequena de máis, pero tamén pode depender da resolución.
Moi bó traballo.
Nota: 10


Neoteristad
A pesares do nome rebuscado, é unha páxina bastante interesante. Personalmente non me gusta a inclusión da cita de Platón no inicio, xa que lle da un toque como moi de "resabidillo", pero unha vez se entra na páxina desaparece tal sensación. Diseño elegante e funcional, e a navegación é sinxela e útil.
Nota: 9


As de Corazóns
Páxina moi interesante e divertida, cunha actitude moi rompedora e con moito valor. A estética da páxina vai acorde co tema seleccionado. Un bó traballo.
Nota: 9


Madreselva
Unha das mellores e mellor resolta, cun aspecto moi profesional. Non vexo ningún erro nin no plantexamento, nin no deseño nin na navegación.
Nota: 10


Chita Fan Club
Idea moi orixinal, contido moi divertido e un deseño acorde a todo isto. Ten algún error ó navegar entre pestanas, pero nada grave.
Nota: 9


Deporte no es solo fútbol
Unha páxina un tanto bizarra, cun deseño propio dos '90. Personalmente non me acaba de gustar, aínda que se pode navegar por ela sen problemas. Cores un tanto estridentes.
Nota:8


Mequetrefes
A páxina inicial ten unha distribución rara, todo á esquerda e co banner por debaixo do botón de entrar. Personalmente non me gusta o feito de alternar maiúsculas e minúsculas e cambiar de cor nun mesmo texto, pero é distinto o que se fai noutras páxinas. Non me funciona a última pestana.
Nota:8'5


SeTeVaLaOlla
Ten un deseño un tanto hortera, non sei si buscado ou non. En ningún momento sabes en que apartado te encontras, xa que non se remarca nin na pestana do navegador aparece indicación algunha. A páxina de contacto e a de "nos enrollamos" non funcionan.
Nota: 6

mastercav's
Ten un deseño un tanto cargado de máis, e todas as pestanas se abren nunha páxina distinta, o que me resulta bastante incómodo. O contido, nembargantes, é moi completo e interesante.
Nota: 9


SMDb
Idea moi orixinal e un deseño rompedor e liviano. Non me gusta a inclusión de son nada máis abrir a pestana, debería ser algo secundario e que tiveses que clickar nun botón para activalo.
Nota: 9

Valoracións das webs

Frikisports

Un bo deseño da páxina para otorgarlle a apariencia dunha web deportiva. A temática está moi ben xa que é moi entretido navegar polo sitio. Quizais, o problema é que a páxina é un pouco pesada mais iso non afecta á navegación e o resultado é moi satisfactorio.

Nota: 8


Bang

Esta é probablemente a páxina que máis me gustou de todas. Nótase que está moi traballada e ten un acabado moi bo en canto a deseño. Non se queda atrás nos contidos e podería pasar perfectamente como a web promocional dunha película. Espectacular o trailer.

Nota: 10


Revolucine

Unha web moi innovadora en canto ao contido e moi ben deseñada. A estética paréceme moi boa mantendo unha perfecta combinación das cores que se relacionan perfectamente co tema cinematográfico. A opción de facer tests sobre diversos personaxes fílmicos pareceume moi acertada e moi entretida.
Moi boas as fotos dos membros do grupo.

Nota: 9


Maldia


As tres en punto

Estas rapazas fixeron unha moi boa web para promocionarse nas súas artes. Penso que o que máis destaca desta páxina é o deseño, que semella moi traballado. En canto aos contidos, a web ten todo o necesario neste tipo de temática e se complementan perfectamente coa apariencia do sitio.

Nota: 9


Neosteridad

Outra web moi ben deseñada que transmite perfectamente a súa mensaxe: te axudamos a promocionarte. Unha web amistosa cunha boa estética e combinación de cores que fan que a navegación pola mesma sexa moi agradable e rápida.

Nota: 8.5


As de corazóns

Moi acertada a maneira de encarar o mundo do corazón dende un punto de vista humorístico. Está claro que o importante non é a tecnoloxía nin os coñecementos técnicos para facer cousas innovadoras e entretidas. Esta web fíxome rir moitísimo e creo que, coma a min, a toda a clase. Grandes!

Nota: 9


Madreselva

Esta web podería ser perfectamente a páxina dunha empresa de xardinería xa que ten todo o necesario: cómo nace a empresa, o que fai e como contactar con eles. ¿Qué máis queres?
O deseño non se queda atrás, e as cores brancas e verdes combínanse para darlle ao sitio unha apariencia moi ecolóxica

Nota: 9


Chita Fan Club

Penso que é admirable a capacidade dos nosos compañeiros para facer dun tema coma este unha páxina web tan ampla e con bastante contido. Aquí nótase que a imaxinación e as gañas están por encima de todo e que pódese facer unha web partindo de calqueira cousa.

Nota: 8


Deporte no solo es fútbol

Esta web ofrécenos un tipo de contido moi innovador e dános a coñecer algúns deportes que existen polo mundo adiante e que moitos descoñecemos. Estes deportes teñen a "categoría" de raros polas súas regras e por como se levan a cabo. O deseño da web pode non ser perfecto pero os contidos que ofrecen salvan a súa apariencia convertíndoa nunha páxina moi interesante.

Nota: 8


Mequetrefes

Páxina moi sinxela que ten o necesario para promocionar a este gran grupo de teatro. Moitas veces queremos que moitas cousas saian na pantalla mais penso que o mellor é que aparezca xusto o necesario sen a necesidade de grandes alardes. Estes rapaces cumpren con este cometido por iso paréceme unha páxina moi interesante.

Nota: 8.5


SeTeVaLaOlla

Unha web moi enfocada aos adolescentes e que tratan os temas que están á orde do día no mundo da xente xoven. Unha páxina cunhas cores moi vivas, quizais demasiado vivas, pero moi rápida na súa navegación e onde os adolescentes atoparán todo o que buscan.

Nota: 8


Mastercav's

Esta é unha web que a todos nos gustará polos seus contidos xa que trata diso, de todos nós en concreto e do que facemos. É unha boa páxina para promocionarnos e darnos a coñecer ao mundo audiovisual. Penso que á web non lle falta de nada en canto a contido.
En canto ao deseño, por momentos quizais aparecen demasiadas cousas en pantallas e nótase moi cargado, apesares de que a web é rápida.

Nota: 8.5


SMDb

Descoñecía esta páxina web e a verdade é que sorprendeume moitísimo. Paréceme moi interesante e, vendo o deseño, nótase que detrás dela hay moito traballo. Sorprende moito o taboleiro da ouija da portada.

Nota: 9


Jorge García



sábado, 17 de abril de 2010

Valoración das páxinas web

Frikisports

Esta páxina ten un deseño moi acorde coas webs de tipo deportivo. Polo xeral gústame moito xa que é innovadora e divertida. Dúas seccións destacan por encima das outras; estou a falar claramente de Tontos con suerte e de Top Ten bellezas, que, ao igual que moitas páxinas deportivas, combinan dúas das paixóns dos homes: deporte e mulleres. A páxina é un pouco pesada pero explícase isto pola cantidade de fotos, vídeos e demais materiais audiovisuais que os nosos amigos utilizan; polo que observamos que utilizaron unha gran documentación e moitas fontes diferentes. A utilixzación das cores e sobría, o que lle confire un aspecto aínda máis interesante. Os contidos son moi interesantes, mais limitados a un determinado target.
Nota: 9


Bang

Sen dúbida esta é a páxina que máis me gustou de todas as que realizamos. O temá está moi ben traído: unha película da serie negra; e polo tanto, a estética non podía ser diferente da que é. Nesta web observamos un gran traballo creativo e de deseño. Utilizouse Flash para conferirlle un aspecto máis moderno a pesares de promocionar un filme antigo en branco en negro. Os menús son moi intuitivos e moi fáciles de utilizar e os contidos son todos aqueles que normalmente se incluén neste tipo de páxinas. A web serviría perfectamente se a película dos nosos compañeiros fose real. Dende aquí temos que darlle a noraboa aos nosos compañeiros por unha creación sinxela, sobría e dende logo moi ben diseñada. ¡Un traballo exemplar!
Nota: 10


Revolucine

Os nosos amigos Marta, Martín e Daniel nos presentan unha páxina web de contidos moi entretidos e novidosos. Non é unha páxina convencional, é unha web moi innovadora. Souberon superar os consabidos problemas aos que todos nos tivemos que enfrontar da dificultade dos programas. Quizais non sexa unha páxina moi comercial ou moi vendible pero sen dúbida ten un deseño o suficientemente bo como para que sexa considerada moi interesante por moitos entendidos da rede.
Nota: 8,5


Maldia

Valorar a nosa propia creación é algo complicado mais vou intentar ser o máis imparcial posible. Coido que o deseño é moi sobrío e está moi en comunión co noso grupo de referencia. Utilizamos un fondo que se presta para este tipo de páxinas e uns cores moi axeitados para o tipo de música que o toca Maldia. A información que ofrecemos sobre o grupo é toda a que aparece neste tipo de webs. Non necesita nada máis xa que co que hai sobra para coñecer o grupo e para poder porse en contacto con el: ese era o noso principal obxectivo. Esperamos que o noso traballo sexa recoñecido e que poida ser utilizado polo grupo nun futuro próximo e tras algunha que outra modificación.
Nota: 8


As tres en punto

Esta páxina si que está ben deseñada. Ten un aire así como romántico que fai que sexa unha páxina moi atractiva, que unha vez que a ves, xa queres entrar nela para ver a estas tres artistas. O vídeo promocional que aparece no index está moi ven feito. Dentro de cada enlace a cada unha das artistas temos moito material promocional que ben utilizado serviría para poder conseguir o traballo que cada unha se propuxese. Polo tanto nesta páxina destacan estes tres apartados: o do contido, o do deseño e o da utilidade.
Nota: 9


Neoteristad

Toda axencia de publicidade que se precie ten que ter unha páxina web creativa e innovadora como o é esta. Ten ademais un certo ton misterioso que fai que sexa moi intrigante coñecer que tipoloxía publicitaria traballan estes tres rapaces. No tema do deseño cómpre facer mención a que a páxina está colocada á esquerda co que se elimina os consabidos problemas de compatibilidade coas diferentes resolucións de pantalla. Os contidos son os básicos para unha páxina de unha axencia de publicidade coas súas creacións máis destacadas e formas de contacto coa empresa e cos seus colaboradores. Unha boa páxina.
Nota: 8,5


As de corazóns

Esta é a páxina máis divertida de todas as que fixemos. É a mostra de como cunha cámara e con dúas cabezas inxeñosas se pode chegar a facer algo divertido e con moito xeito. Ten un deseño tamén moi divertido e atrevido e uns contidos moi interesantes para pasar un bo rato e esquencerse dos problemas da vida cotiá. Nótase que detrás dunha aparente sinxeleza hai un gran traballo de creación e innovación que queda plasmado nuns vídeos que son para partirse coa risa. Os nosos amigos botáronlle moita cara e conseguiron unha páxina moi ben desenvolvida que e cunha estética moi acorde con todo o relacionado coa prensa rosa e amarela.
Nota: 9


Madreselva

Esta é sen dúbida a páxina máis profesional de todas. A empresa de xardinería Madre Selva ten agora unha nova aliada con esta páxina web que de seguro que lle fará aumentar o seu número de clientes. O deseño é moi sobrio mais ten un certo aire amable que se consegue con esa cor tan vinculada á natureza: o verde. O verde está presente en toda a páxina o que lle confire un aspecto moi natural moi acorde co tema da páxina e coa filosofía de esta empresa. Como en tódalas páxina promocionais que vimos, os contidos son suficientes para ofrecer un servizo completo de promoción para esta empresa. Ademais temos que ter en conta que o noso compañeiro Isaac fixo un sobreesforza traballando por conta propia. ¡Noroboa Isaac!
Nota: 10


Chita Fan Club

Outra páxina moi graciosa e entretida. Está moi ben diseñada e utiliza unhas tonalidades de cor que están moi en consonancia co espírito cómico da páxina. A galería de fotos está moi ben deseñada e páxina de vídeos non pesa case nada o que fai que sexa moi facil a navegación. Esta web é a mostra de que non hai temas pequenos. Cun so personaxe, os nosos compañeiros foron capacas de crear unha web que cumpre concreces o obxectivo da asignatura.
Nota: 8,5


Transportes M. Gesteira

Esta páxina tampouco ten ningunha dúbida. Cumple co seu obxectivo principal que é o de dar a coñecer a empresa de transportes da familia Gesteira. O seu deseño é moi sobrio e as cores tamén son bastantes adecuadas para o obxectivo ao que se enfronta. O contido é sinxelo e a web moi intuitiva e facil de navegar.
Nota: 8


Deporte no es sólo fútbol

Nesta páxina hai un aspecto que destaca por riba dos demais: o contido. Esta web ofrécenos unha información moi útil e novidosa sobre un conxunto de deportes que aposto a que moitos de nós descoñeciamos por completo. Quizais as cores non sexas as máis adecuadas pero tamén temos que recoñecer que complementan moi ben esa idea de estravagancia dos deportes dos que falan os nosos compañeiros. A navegación e moi sinxela e entretida e a pesares da gran cantidade de información, non hai posibilidade de perderse.
Nota: 8,5


Mequetrefes

Esta é unha páxina moi útil e moi sinxela para navegar. Ten un bo deseño cunhas cores escuras que lle confiren un toque de seriedade que se lle supón a unha compañía de teatro non cómica. Tamén é moi intuitiva.
Nota: 8,5


Se te va la olla

Os nosos compañeiros nos presentan unha páxina moi xuvenil destinada a un grupo determinado de xente, preferentemente adolescentes. A estética e un tanto infantil e moi graciosa. É unha páxina web moi chamativa tanto no campo do deseño coma no dos contidos. Fácil de navegar e moi útil á hora de ofrecer un lugar para que a xente nova se exprese sen censuras.
Nota: 8


Mastercav

Todos nós deberiamoslle de agradecer a Helena, Alvera e Raquel que dedicaran o seu tempo a facer esta páxina web. Nela promociónannos a todos aqueles que nos sentimos orgullosos de facer o que facemos. É unha páxina moi útil de cara a poder obter un traballo no futuro xa que se recolle nela moitos dos nosos traballos. Tamén e de gran utilidade para promover a nosa carreira. Ademais o chaval do xersei azul que sale co Decano é un tipo bastante guapo.
Nota: 9


SMDb

A páxina destes compañeiros pareceume moi interesante. Está moi ben deseñada e é moi innovadora tanto no tema coma no deseño. Gústame moito a sinxeleza da páxina e tamén a foto que utilizaron para debuxar o taboleiro da ouija. Nótase que detrás desta páxina hai moito traballo de creación e, como non, de investigación xa que é unha gran base de datos. As cores utilizadas están moi en consonancia co tema.
Nota: 9


Adrián Carreira Cabarcos

lunes, 1 de febrero de 2010

Animación



Facer un vídeo propio e personal para unha exposición sempre é unha tarefa complicada. Ademais do tempo de elaboración e dos consabuidos problemas de audio e demais, hai que engadirlle o tema das presas, que como noutros ámbitos "non son boas aconselladoras".

A pesar de todo isto que escribimos aquí encima, temos que dicir que as nosas compañeiras Raquel, Elena e Alvera puxeron en escena un estupendo produto audiovisual que recollía de maneira sobrada un bo traballo sobre a animación. (Bueno, o produto este do que falamos foi un pouco longo, que nos tiveron alí até as tres e media pero perdóaselles porque son unhas chavalas bastante majas).

Polo demais, nada, dicir que a exposición gustounos moito porque souberon tratar moi ben o tema historicamente e tamén mostraton un compendio de exemplos que cómpre mencionar aquí. Souberon recoller toda a historia da animación dende o rato ese que se movía até avatar nun video, que non sei se o dixemos pero pareceunos un pouco longo.

Un saúdo, en especial ás nosas compañeiras do video longo!



lunes, 25 de enero de 2010

Propiedade intelectual e dereitos de autor

A nosa opinión: O problema non reside nin nos autores nin na propia SGAE; o que está a pasar na España actual é un problema que ten que ver coas discográficas e demais empresas beneficiarias do obtido pola venda de calqueira copia "legal" dunha propiedade intelectual. O que hai que facer logo por parte destas empresas e adaptarse á actualidade e como dice o meu avó "ir cos tempos". Se hoxe en día se descargan as canción por internet, o que haberá que facer será idear un sistema mediante o cal, o usuario poida descargar esas cancións, e ao mesmo tempo beneficiar a artistas e empresas. Nós xa dimos a idea. Agora que ideen os demais.

Por outro lado gustaríanos facer unha analoxía: se pretenden pechar as webs que conteñan links para descargarse música ou outros contidos, haberá tamén que pechar tódalas copisterias do país, xa que logo, alí o que facemos son copias ilegais de libros cos mesmos dereitos que os cantantes que protestan, como ese que vende tanto que se chama Ramón.

Tamén queremos deixar aquí otra faceta que nos gusta de David Bravo: trátase dun monólog sobre os eufemismos que está contido no disco do rapeiro sevillano Tote King, Un tipo culaquiera Disfrutádeo:

Tamén queremos dar a noraboa aos nosos compañeiros por unha exposición entretida e contundente sobre un tema moi complicado de tratar. Noraboa.

Un saúdo a todos!

Retoque fotográfico

¡¡Menuda exposixión que nos ofreceron os pataqueiros!! Non contentos con poñer un montón de videos que lles gustaron a todo o mundo, poñen aínda máis videos cun montón de tipas que estan de toma pan e molla e aínda ademais de todo iso nos deixan caer como que non quere a cousa un remixe dos temas dos Black eyes peas que estaba genial. Sen dúbida estes chavale teñen ben claro como gañar ao repetable nunha exposición. Noraboísima dende aquí.

A nosa opinión do tema do retoque fotográfico non está de todo definida. Por un lado cremos que no caso de que haxa un proceso de retoque debe ser advertido (coma é o caso de Francia); mais tamén consideramos que o único tipo de fotografía na que nunca deberá haber retoque será na fotografía considerada como informativa, é dicir no fotoxornalismo. O único retoque que consideramos apropiado para este tipo de fotografía é un retoque que sirva como esclarecedor e que axude a unha mellor visión ou interpretación do contido da foto. Por outro lado consideramos que non hai nada de malo en retocar un pouquiño a algunha famosa para disimular os seus defectos. Polo tanto, o retoque é ben visto por nós en prencipio e mentres non se utilice como manipulador da información fotográfica de actualidade.

Gustaríanos poñer aquí unhas palabras de Fontcuberta: "Durante decadas pictorialistas y puristas se ensarzaron en violentos debates sobre la legitimidad del retoque, pero el comercio, que no entiende más que de la satisfacción del cliente traduciada en beneficio económico, no veía reparo alguno en valerse de un recurso híbrido que procedía del dibujo o de la pintura. Lo paradójico -y también los más interesante- era la absoluta necesidad de su camuflaje, resumido en la máxima que "un buen retoque es aquel que no se nota", porque un retoque mal ejecutado no mitigaba los defectos de un rostro sino que atraía la atención hacia ellos y por tanto los acrecentaba".

Un saúdo e noraboa aos nosos compañeiros unha vez máis.

Os títulos de crédito

O outro mércores, os nosos compañeiros Olalla, David e Esteban faláronnos dos títulos de crédito, eses descoñecidos que aparecen ao principio das pelis e nos que nin nos fixamos.

A exposición pareceunos do máis entretida porque tivo de todo: un video propio (pena que o son non nos acompañase ese día; mais xa o vimos coa música e temos que dicir que nos impresionou), unha gran cantidade de exemplos e incluso algún erro que estevo, digo estivo, moi gracioso.

Pola nosa parte dicir que os títulos de crédito soen pasar desapercibidos e esa é unha tendencia que entre todos temos que botar por terra. Os títulos de crédito deben de ser considerados tan importantes como o filme mesmo, ou incluso máis, xa que logo, introducen o tema da película de forma bela na maioría dos casos. Nós, como comunicadores audiovisuales debemos de inculcar naqueles que non entenden moito da materia que os créditos dos filmes son obras de teatro e que conlevan un proceso de elaboración a ter moi en conta. Tamén debemos de saber que é moi importante ver os títulos do final das series ou dos filmes porque é a maneira que temos todos nós de recoñecer o traballo ben feito.

Gústanos en gran medida esta cabeceira:

e tamén estes títulos de crédito:


Un saúdo compañeiros!!


jueves, 14 de enero de 2010

O video na rede

Vamos a publicar unha serie de consideración logo de ver a exposición dos nosos compañeiros Xandra, Rosa e Iván. Chegamos á conclusión de que o formato que se máis se explota e que máis se seguirá utilizando na rede é o video. O utro día falaban precisamente deste tema nun programa da Cadena Ser chamado Ser Digital e que se emite en repetición o sábado de madrugada. Nel falábase tamén de todas as posibilidades que páxinas como Youtube.com ofrecer ao mundo audivisual cos xa consabidos estreos ou outro acontecementos.

Deixámosvos aquí unha seleción dalgunhas das delicatessen da rede:

domingo, 20 de diciembre de 2009

O aplaudido video


Aquí tedes o noso video introdutorio da exposición do pasado mércores. Esperamos que vos guste e damos as grazas a cabeza pensante da idea: Jorge García.

Un saúdo!!!