miércoles, 25 de noviembre de 2009

Consellos para a elaboración dos nosos proxectos web


Tipografía:Mellor utilizar as minúsculas que as maiúsculas.
  1. Canto máis grande sexa a letra, maior ten que ser o interlineado.
  2. Cada tipo de letra ten a súa personalidade, por tanto, debemos utilizar a que mellor se adapte a nosa idea.
  3. Que o fondo da páxina non dificulte a lectura.
  4. Se a resolución do monitor é baixa é mellor utilizar as de palo seco, aínda que fagan o texto monótono. Para evitar esta monotonía utilízanse os titulares, o interlineado, a alineación, as cores...
Elementos da comunicación visual:
  1. As cores teñen que ser as adecuadas ao tema que tratemos e adaptarse á paleta de 216 cores, que é a paleta web.
  2. Os filtros son un tema a ter moi en conta.
  3. Segundo o tema a tratar, debemos ter en conta a forma dos elementos constitutivos da nosa páxina.
  4. Se non queremos que a nosa páxina sexa unha "merda" as cores non poden ser rechamantes.
  5. Cada páxina debería ser un TODO. Se modificamos un elemento hai que adaptar o resto da páxina a ese cambio.
Un saúdo compañeiros!!!

Dúbidas

Os membros do noso grupo estivemos a ler os arquivos da carpeta de documentación e da subcarpeta temas e temos unha serie de dúbidas que nos gustaría despexar:
  1. ¿Vai a haber un exame de todos estes arquivos?
  2. En caso afirmativo, ¿temos que sabernos de memoria tódalas ferramentas das redes sociais?
  3. Existe algunha páxina web onde poidamos utilizar facilmente tódalas ferramentas de Google?
  4. ¿Que arquivos comprime o formato mp5?
  5. ¿Que é un mapa web?
De momento, cremos que chegan estas propostas e conforme vaiamos avanzando con estes temas e co noso tema de debate formularemos máis dúbidas.

Moitas grazas e un saúdo.

viernes, 13 de noviembre de 2009

O xevimetal galego está de noraboa

E dicimos isto porque o noso proxecto web para a asignatura de Deseño Gráfico vai versar sobre o grupo de música Maldia.

O noso primeiro esbozo temático non tivo moi boa acollida así que decimos inclinarnos por un produto web máis conciso pero non por iso máis sinxelo. A idea é a de elaborar unha auténtica páxina web oficial do grupo. Nela poderemos atopar cancións e videoclips do grupo, unha axenda cos seus concertos, novidades do grupo e moitas outras cousas. Aínda estamos a pensar ben como vai a ser todo pero xa temos as ideas claras e xa sabedes: se se vos acurre algunha cousiña que poida ser interesante facédenolo saber.

Graciñas!!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Guión sobre o noso traballo de Grafismo en televisión

Introdución: Na introdución vamos a tratar de dar unha definición clara e concisa do concepto de grafismo en televisión, servíndonos como texto de apoio, entre outros, o traballo de Miguel Churruca “El futuro del grafismo en televisión”.

Obxectivos:

· Comprender e facer comprender aos nosos compañeiros o concepto de grafismo televisivo.

· Diferenciar entre o grafismo para televisión e outras tipoloxías de grafismo.

Desenvolvemento:

· Cos seus antecedentes trataremos o tema do nacemento e da evolución do grafismo na televisión.

· Servirémonos de exemplos gráficos extraídos directamente de contidos televisivos.

· Centraremos o noso traballo na televisión nacional pola cercanía desta, xa que o elevado número de cadeas televisivas mundiais impide unha análise pormenorizada de todas elas nun traballo destas características. Simplemente como anécdota tiraremos algúns exemplos moi destacados de televisións estranxeiras.

· Diferenciación de grafismos segundo o tipo de programa (informativo, entretemento, ficción…)

· Diferenciar tipos de grafismos televisivos.

Conclusións: A principal conclusión deste traballo é deixar claro os obxectivos que marcamos ao inicio. Ademais gustaríanos sacar conclusións acerca da utilidade do grafismo na televisión e de porque é unha corrente tan utilizada nos nosos días.

Para rematar deixaremos uns minutos para respostar cuestións que nos formulen os nosos compañeiros acerca do grafismo na televisión.



Por favor compañeiros, se tedes algunha idea sobre este tema que nos poida interesar ou algunha mostra de grafismo que consideredes a ter en conta, facédenolo saber. Graciñas!

viernes, 9 de octubre de 2009

Comentario sobre Ao Límite

Nada máis entrar, asáltannos dúas animacións enormes que ocupan case a metade da pantalla. Personalmente non me gusta nada, páreceme moi infantil e básico.

Unha pequena visión despois do susto fai que percibamos un debuxo dun galo con gorro de cociña. Temendo o que vai a seguir, pasamos o cursor por encima con coidado e a imaxe faise algo máis grande, chamándonos a clickar nela.
Facémoslle caso ó pobre animal, e damos a unha sección de Cociña, fea e moi moi básica, cun aspecto vintage mal conseguido. Comezo a temer que volvín atrás no tempo, e boto unha ollada ó redor buscando o módem de 56k. Por sorte non aparece.

O resto das seccións son igual de feas.

Unha páxina pésima, presumiblemente feita en 30 minutos.

Comentario sobre Oitenteiros

A primeira impresión que tivemos ao abrir a páxina é que ten un plantexamento un pouco infantil. Cando vas avanzando na páxina esta sensación comeza a desaparecer.

Un inconvinte que lle vimos: o tema. Trátase dun dos temas máis recorrentes na mocidade actual. Queremos parecernos aos nosos pais ou aos nosos avós cando recordan o resultado ese de 12-1 de España ante Malta ou cando falan da época franquista con sentida dor polos tempos mellores.

Logo de este alarde do comunismo máis enraizado voltamos ao tema que nos ocupa. E remataremos dicindo que se temos que críticar algo que sobresae nesta páxina, temos que dicir que faltan moitas alusións a produtos dos anos 80. Por Último dicir que non estamos seguros de que todo o que vemos na páxina sexa da decada de 1980.

Saúdos...

Comentario sobre Guioniza

A primeira impresión que nos ofrece a páxina non é que sexa excesivamente boa. Deseño simple, limitado a unha libreta que pretende emular a un guión de cine pero que, debido a simplicidade das letras, das cores e da calidade do fondo coma a do propio caderno, presenta un aspecto moi mellorable.
A idea de xuntar nunha páxina noticias sobre cine, guións e filmes que están en desarrollo é moi boa, pero é que toda esa interesante proposta queda cuberta por unha pobre estética que fai que o noso primeiro desexo ao entrar na páxina sexa fuxir rápidamente dela ou, no caso dos máis sensibles, pechar directamente o noso navegador.

En definitiva, unha páxina rica en contidos e ideas pero cunha mala presentación, o que é un grande inconveniente tendo en conta a importancia que dáselle á estética e á "primeira vista" nos nosos días.

Comentario sobre Minimalab

Unha páxina sobre o minimalismo en distintos ámbitos. Ó entrar vemos na parte superior unha animación imitando á conta atrás das películas antigas, mais ó chegar ó cero non pasa nada.

A impresión que me causou a páxina en xeral foi moi positiva, cunha elegante combinación de cores grises e branco. Atopamos distintas seccións: arquitectura, escultura, música e pintura. Todas elas constan dunha breve pero conscisa descripción e uns exemplos.

Ó final vemos un "Quem somos" e "Contactos".

O único malo que quero comentar é que penso que na parte inferior, onde vemos escrito "Minimalab", debería ser un banner que redirixise á páxina principal.

Para rematar, penso que é unha páxina ben construída, coherente co seu nome, e de fácil acceso e interacción, prescindindo de animacións ó estilo anos 90, moi na liña minimalista que lle da nome. Na miña opinión, unha moi boa páxina.

comentario Tutti Frutti

Gustame a estructura desta páxina, sinxela e clara. A letra da canción, a entrrevista, as biografías... hai outras máis válidas, pero están ben. Tamen me parecen moi simpáticos os debuxos das froitas.

Respecto ó deseño, criticar que a ventá non está centrada, senon na esquina suoperior esquerda. Non sei cal é a razón, pero sucede en varios dos proxectos, coma en Radioactivos. Non me rematou de encaixar co resto da páxina, como está presentado o nome do grupo. Esa fonte non ten nada que ver co colorista do resto da páxina.

Polo demais, pareceme aceptable.

Comentario sobre Zapa

Este comentario comezámolo polo aspecto do contenido: se realmente Zapa é Zapa temos que dicir que nos encontramos cun verdadeiro artistazo. Ao tipo dalle igual cantar, que tocar a guitarra, que facer poesía... Este rapaz é un verdadeiro fenómeno.

Á páxina ademais está moi ben feita. É seria, simple e sinxela e instáurase en auténtico currículo de Miguel Zapa. Gústanos moito o a interfaz en xeral: o menú esta estratexicamente disposto dentro da web e a cantidade de imaxes que se inclúen fan unha visita virtual ao seu espazo sexa moi entretida. Un aspecto que cómpre destacar é a introdución dun foro, elemento que non vemos nas webs dos seus compañeiros.

O traballo deste rapaz é meritorio, xa que logo coidamos que traballou só e isto fai a súa tarefa máis complicada.