miércoles, 25 de noviembre de 2009

Dúbidas

Os membros do noso grupo estivemos a ler os arquivos da carpeta de documentación e da subcarpeta temas e temos unha serie de dúbidas que nos gustaría despexar:
  1. ¿Vai a haber un exame de todos estes arquivos?
  2. En caso afirmativo, ¿temos que sabernos de memoria tódalas ferramentas das redes sociais?
  3. Existe algunha páxina web onde poidamos utilizar facilmente tódalas ferramentas de Google?
  4. ¿Que arquivos comprime o formato mp5?
  5. ¿Que é un mapa web?
De momento, cremos que chegan estas propostas e conforme vaiamos avanzando con estes temas e co noso tema de debate formularemos máis dúbidas.

Moitas grazas e un saúdo.

1 comentario:

  1. O material é para estudar. Por suposto non hai que saberse todas as ferramentas das redes sociais. Hai que saber só que son e o que significan. Son coñecementos que xa tendes porque utilizades moitas das ferramentas que definen as redes sociais.
    Ferramentas de Google. O único que se me ocorre é que miredes en: http://www.google.es/options/
    Formato mp5. É máis ben un novo reproductor, que eu saiba, e que ten apariencia de iphone. E imaxino que leerá todo tipo de arquivos tanto de audio como de vídeo.
    http://www.taringa.net/posts/info/1095448/Reproductores-MP5.html
    Mapa web: é un mapa do sitio no que se ven todas as categorías cos seus respectivos enlaces.
    senon está claro insistide, por favor.
    marotlo

    ResponderEliminar