miércoles, 11 de noviembre de 2009

Guión sobre o noso traballo de Grafismo en televisión

Introdución: Na introdución vamos a tratar de dar unha definición clara e concisa do concepto de grafismo en televisión, servíndonos como texto de apoio, entre outros, o traballo de Miguel Churruca “El futuro del grafismo en televisión”.

Obxectivos:

· Comprender e facer comprender aos nosos compañeiros o concepto de grafismo televisivo.

· Diferenciar entre o grafismo para televisión e outras tipoloxías de grafismo.

Desenvolvemento:

· Cos seus antecedentes trataremos o tema do nacemento e da evolución do grafismo na televisión.

· Servirémonos de exemplos gráficos extraídos directamente de contidos televisivos.

· Centraremos o noso traballo na televisión nacional pola cercanía desta, xa que o elevado número de cadeas televisivas mundiais impide unha análise pormenorizada de todas elas nun traballo destas características. Simplemente como anécdota tiraremos algúns exemplos moi destacados de televisións estranxeiras.

· Diferenciación de grafismos segundo o tipo de programa (informativo, entretemento, ficción…)

· Diferenciar tipos de grafismos televisivos.

Conclusións: A principal conclusión deste traballo é deixar claro os obxectivos que marcamos ao inicio. Ademais gustaríanos sacar conclusións acerca da utilidade do grafismo na televisión e de porque é unha corrente tan utilizada nos nosos días.

Para rematar deixaremos uns minutos para respostar cuestións que nos formulen os nosos compañeiros acerca do grafismo na televisión.



Por favor compañeiros, se tedes algunha idea sobre este tema que nos poida interesar ou algunha mostra de grafismo que consideredes a ter en conta, facédenolo saber. Graciñas!

2 comentarios:

  1. Este tema vennos moi ben a todos, creo que é moi instructivo.
    Se atopamos algo que vos poda ser de utilidade xa nos pasamos

    ResponderEliminar
  2. Emm... en principio nos dá que non pero en canto teñamos algo farémovolo saber.

    ResponderEliminar