Facer un vídeo propio e personal para unha exposición sempre é unha tarefa complicada. Ademais do tempo de elaboración e dos consabuidos problemas de audio e demais, hai que engadirlle o tema das presas, que como noutros ámbitos "non son boas aconselladoras".
A pesar de todo isto que escribimos aquí encima, temos que dicir que as nosas compañeiras Raquel, Elena e Alvera puxeron en escena un estupendo produto audiovisual que recollía de maneira sobrada un bo traballo sobre a animación. (Bueno, o produto este do que falamos foi un pouco longo, que nos tiveron alí até as tres e media pero perdóaselles porque son unhas chavalas bastante majas).
Polo demais, nada, dicir que a exposición gustounos moito porque souberon tratar moi ben o tema historicamente e tamén mostraton un compendio de exemplos que cómpre mencionar aquí. Souberon recoller toda a historia da animación dende o rato ese que se movía até avatar nun video, que non sei se o dixemos pero pareceunos un pouco longo.
Un saúdo, en especial ás nosas compañeiras do video longo!
Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
ResponderEliminarTampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
ánimo
marotlo, (23/02/10)
Último e definitivo cambio.
ResponderEliminarCita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
Programa de festas:
1. subir os proxectos ó servidor
2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
marotlo (25/2/10)
En total, na clase existen 14 blogs??????
ResponderEliminarmarotlo
Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
ResponderEliminarmarotlo
totalmente de acordo rapaces!! aínda que nos tiveron alí moito tempo a exposición estivo cargada de contidos!! Foi un bo traballo!
ResponderEliminar"Polo demais, nada, dicir que a exposición gustounos moito porque souberon tratar moi ben o tema historicamente e tamén mostraton un compendio de exemplos que cómpre mencionar aquí. Souberon recoller toda a historia da animación dende o rato ese que se movía até avatar nun video, que non sei se o dixemos pero pareceunos un pouco longo."opinamos lo mismo, también lo que dicen desde Yogurt parade, el tiempo fue largo, pero todo era muy intenso:)
ResponderEliminarnós tamén estamos dacordo con vós en que o tempo foi excesivo. aínda así foi unha hora moi ben aproveitada, ben o vemos agora nas clases de Pedro Saco que nos mostra vídeos que as nosas compañeiras xa nos ensinaran na exposición.
ResponderEliminaránimo coa páxina. un saúdo
Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
ResponderEliminarEn liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
marotlo
Debido a ciertos problemas con la web SMDb, que mañana viernes, cuando volvamos a subirla, ya estarán solucionados, sus responsables os rogamos que consideréis para la valoración su versión definitiva, si no es demasiada molestia o ya la habéis publicado y pasais de cambiarla. Gracias de antemano.
ResponderEliminar