Frikisports
Esta páxina ten un deseño moi acorde coas webs de tipo deportivo. Polo xeral gústame moito xa que é innovadora e divertida. Dúas seccións destacan por encima das outras; estou a falar claramente de Tontos con suerte e de Top Ten bellezas, que, ao igual que moitas páxinas deportivas, combinan dúas das paixóns dos homes: deporte e mulleres. A páxina é un pouco pesada pero explícase isto pola cantidade de fotos, vídeos e demais materiais audiovisuais que os nosos amigos utilizan; polo que observamos que utilizaron unha gran documentación e moitas fontes diferentes. A utilixzación das cores e sobría, o que lle confire un aspecto aínda máis interesante. Os contidos son moi interesantes, mais limitados a un determinado target.
Nota: 9
Bang
Sen dúbida esta é a páxina que máis me gustou de todas as que realizamos. O temá está moi ben traído: unha película da serie negra; e polo tanto, a estética non podía ser diferente da que é. Nesta web observamos un gran traballo creativo e de deseño. Utilizouse Flash para conferirlle un aspecto máis moderno a pesares de promocionar un filme antigo en branco en negro. Os menús son moi intuitivos e moi fáciles de utilizar e os contidos son todos aqueles que normalmente se incluén neste tipo de páxinas. A web serviría perfectamente se a película dos nosos compañeiros fose real. Dende aquí temos que darlle a noraboa aos nosos compañeiros por unha creación sinxela, sobría e dende logo moi ben diseñada. ¡Un traballo exemplar!
Nota: 10
Revolucine
Os nosos amigos Marta, Martín e Daniel nos presentan unha páxina web de contidos moi entretidos e novidosos. Non é unha páxina convencional, é unha web moi innovadora. Souberon superar os consabidos problemas aos que todos nos tivemos que enfrontar da dificultade dos programas. Quizais non sexa unha páxina moi comercial ou moi vendible pero sen dúbida ten un deseño o suficientemente bo como para que sexa considerada moi interesante por moitos entendidos da rede.
Nota: 8,5
Maldia
Valorar a nosa propia creación é algo complicado mais vou intentar ser o máis imparcial posible. Coido que o deseño é moi sobrío e está moi en comunión co noso grupo de referencia. Utilizamos un fondo que se presta para este tipo de páxinas e uns cores moi axeitados para o tipo de música que o toca Maldia. A información que ofrecemos sobre o grupo é toda a que aparece neste tipo de webs. Non necesita nada máis xa que co que hai sobra para coñecer o grupo e para poder porse en contacto con el: ese era o noso principal obxectivo. Esperamos que o noso traballo sexa recoñecido e que poida ser utilizado polo grupo nun futuro próximo e tras algunha que outra modificación.
Nota: 8
As tres en punto
Esta páxina si que está ben deseñada. Ten un aire así como romántico que fai que sexa unha páxina moi atractiva, que unha vez que a ves, xa queres entrar nela para ver a estas tres artistas. O vídeo promocional que aparece no index está moi ven feito. Dentro de cada enlace a cada unha das artistas temos moito material promocional que ben utilizado serviría para poder conseguir o traballo que cada unha se propuxese. Polo tanto nesta páxina destacan estes tres apartados: o do contido, o do deseño e o da utilidade.
Nota: 9
Neoteristad
Toda axencia de publicidade que se precie ten que ter unha páxina web creativa e innovadora como o é esta. Ten ademais un certo ton misterioso que fai que sexa moi intrigante coñecer que tipoloxía publicitaria traballan estes tres rapaces. No tema do deseño cómpre facer mención a que a páxina está colocada á esquerda co que se elimina os consabidos problemas de compatibilidade coas diferentes resolucións de pantalla. Os contidos son os básicos para unha páxina de unha axencia de publicidade coas súas creacións máis destacadas e formas de contacto coa empresa e cos seus colaboradores. Unha boa páxina.
Nota: 8,5
As de corazóns
Esta é a páxina máis divertida de todas as que fixemos. É a mostra de como cunha cámara e con dúas cabezas inxeñosas se pode chegar a facer algo divertido e con moito xeito. Ten un deseño tamén moi divertido e atrevido e uns contidos moi interesantes para pasar un bo rato e esquencerse dos problemas da vida cotiá. Nótase que detrás dunha aparente sinxeleza hai un gran traballo de creación e innovación que queda plasmado nuns vídeos que son para partirse coa risa. Os nosos amigos botáronlle moita cara e conseguiron unha páxina moi ben desenvolvida que e cunha estética moi acorde con todo o relacionado coa prensa rosa e amarela.
Nota: 9
Madreselva
Esta é sen dúbida a páxina máis profesional de todas. A empresa de xardinería Madre Selva ten agora unha nova aliada con esta páxina web que de seguro que lle fará aumentar o seu número de clientes. O deseño é moi sobrio mais ten un certo aire amable que se consegue con esa cor tan vinculada á natureza: o verde. O verde está presente en toda a páxina o que lle confire un aspecto moi natural moi acorde co tema da páxina e coa filosofía de esta empresa. Como en tódalas páxina promocionais que vimos, os contidos son suficientes para ofrecer un servizo completo de promoción para esta empresa. Ademais temos que ter en conta que o noso compañeiro Isaac fixo un sobreesforza traballando por conta propia. ¡Noroboa Isaac!
Nota: 10
Chita Fan Club
Outra páxina moi graciosa e entretida. Está moi ben diseñada e utiliza unhas tonalidades de cor que están moi en consonancia co espírito cómico da páxina. A galería de fotos está moi ben deseñada e páxina de vídeos non pesa case nada o que fai que sexa moi facil a navegación. Esta web é a mostra de que non hai temas pequenos. Cun so personaxe, os nosos compañeiros foron capacas de crear unha web que cumpre concreces o obxectivo da asignatura.
Nota: 8,5
Transportes M. Gesteira
Esta páxina tampouco ten ningunha dúbida. Cumple co seu obxectivo principal que é o de dar a coñecer a empresa de transportes da familia Gesteira. O seu deseño é moi sobrio e as cores tamén son bastantes adecuadas para o obxectivo ao que se enfronta. O contido é sinxelo e a web moi intuitiva e facil de navegar.
Nota: 8
Deporte no es sólo fútbol
Nesta páxina hai un aspecto que destaca por riba dos demais: o contido. Esta web ofrécenos unha información moi útil e novidosa sobre un conxunto de deportes que aposto a que moitos de nós descoñeciamos por completo. Quizais as cores non sexas as máis adecuadas pero tamén temos que recoñecer que complementan moi ben esa idea de estravagancia dos deportes dos que falan os nosos compañeiros. A navegación e moi sinxela e entretida e a pesares da gran cantidade de información, non hai posibilidade de perderse.
Nota: 8,5
Mequetrefes
Esta é unha páxina moi útil e moi sinxela para navegar. Ten un bo deseño cunhas cores escuras que lle confiren un toque de seriedade que se lle supón a unha compañía de teatro non cómica. Tamén é moi intuitiva.
Nota: 8,5
Se te va la olla
Os nosos compañeiros nos presentan unha páxina moi xuvenil destinada a un grupo determinado de xente, preferentemente adolescentes. A estética e un tanto infantil e moi graciosa. É unha páxina web moi chamativa tanto no campo do deseño coma no dos contidos. Fácil de navegar e moi útil á hora de ofrecer un lugar para que a xente nova se exprese sen censuras.
Nota: 8
Mastercav
Todos nós deberiamoslle de agradecer a Helena, Alvera e Raquel que dedicaran o seu tempo a facer esta páxina web. Nela promociónannos a todos aqueles que nos sentimos orgullosos de facer o que facemos. É unha páxina moi útil de cara a poder obter un traballo no futuro xa que se recolle nela moitos dos nosos traballos. Tamén e de gran utilidade para promover a nosa carreira. Ademais o chaval do xersei azul que sale co Decano é un tipo bastante guapo.
Nota: 9
SMDb
A páxina destes compañeiros pareceume moi interesante. Está moi ben deseñada e é moi innovadora tanto no tema coma no deseño. Gústame moito a sinxeleza da páxina e tamén a foto que utilizaron para debuxar o taboleiro da ouija. Nótase que detrás desta páxina hai moito traballo de creación e, como non, de investigación xa que é unha gran base de datos. As cores utilizadas están moi en consonancia co tema.
Nota: 9
Adrián Carreira Cabarcos
Outra cousa non, pero extravagante...
ResponderEliminarPensamos que a estética da páxina non é a mais adecuada, e que as cores serían mellor outras.
D. Antonio, O Recuncho dos Lacazans
INTUITIVA. BONITA PALABRA
ResponderEliminar