Frikisport:
O deseño pareceme logrado, en xeral, excepto polo menú de seccións, que resulta complicado de ler. A temática non é a miña favorita, pero creo que as seccións están tomadas con humor. Funcionan todas as páxinas e non tarda en cargar.
nota: 7
Bang:
Gustame moito a estética en xeral e os contidos. Quizais quitaría as pistolas para avanzar nos menús, ou faríaas máis pequenas. Algunhas veces tarda en cargar. É sinxela e está ben organizada.
nota: 8
Revolucine:
Gústanme a imaxe inicial, e da sección redes. Creo ademais, que hai traballo no desenrolo do test. Non me gusta a animación estilo Matrix, non sintoniza co resto. É unha páxina entretida.
nota: 7'25
Maldia:
Creo que ten unha estética adecuada e constante en toda a páxina. A páxina está ven ordenada, se cadra un pouco confuso navegar na sección de Multimedia. A tipografía do menú quedou moi ben, pero pode resultar dificil de ler.
nota: 8
As Tres En Punto:
Sen dúbida, a de mellor estética. Información sinxela de atopar e ler. Moi completa en contido. Nas seccións de contacto hai algún problema, e non se ve unha imaxe.
nota: 9'5
Neoteristad:
Gústame o logo da páxina, e creo que debería estar no centro (non me gusta a imaxe da man). Ben en contidos. Visualmente está moi ben, pero eu tería usado tablas para encadrar os textos.
nota: 7
As de Corazóns:
Visualmente é sinxela e apropiada. Os contidos (moi completos e entretidos), son doados de atopar. Eu non tería usado a tipografía times nalgúns casos. Algunhas imaxes non cargan.
nota: 8
Madreselva:
Dá unha imaxe moi profesional. Práctica, sinxela, e con moita información, sen desplegar un sinfín de menús. Paréceme redundante indicar as seccións por duplicado.
nota: 8'75
Chita Fan Club:
A estética da páxina non me acaba de convencer, o amarelo sobre o verde molesta un pouco ó ler; nin o fondo con textura de madeira. O contido parecem moi orixinal e interesante.
nota: 6
Transportes M.Gesteira:
A páxina ten unha apariencia moi profesional, pero tamén me parece un pouco sobria. A sección de flota pareceme moi elaborada. A imaxe da muller cos beizos pintados non me encaixa no resto.
nota: 8
Deporte no es solo fútbol:
Creo que esta páxina é un caos para os ollos. Hai demasiadas cores que convinan mal. A información e os contidos están ben elaborados, e o organigrama da web é sinxela, pero deberían estar mellor presentados, resultaría máis interesante.
nota: 5'75
Mequetrefes:
En xeral, está moi ben. É doada de empregar, e as cores son harmónicas. Creo que as imaxes da sección "quenes somos" poderían estar mellor. Respecto a mezclar letras de distintas tipografías, pode resultar confuso. As seccións non amosan problemas para cargar.
nota: 7'75
Se Te Va La Olla:
Os contidos desta páxina, e a utilidade que podería chegar a ter se fose "real", parecenme moi interesantes. A funcionalidade é boa, porén, a estética non a mellor. Empregar unha soa cor de fondo tan intensa, non é agradable. Creo que estaría máis claro se se empregaran táboas.
nota: 6
Mastercav's:
Pareceume un pouco confuso que se empregara aquí a temática dos naipes, porque non a tiñamos porque relacionar co contido da web, e complica un pouco o acceso á información. Pero non deixa de ser orixinal. Os contidos creo que están ben, e son curiosos (alomenos para nós). A estrutura da páxina inicial é distinta, pero gústame.
nota: 7'25
SMDb:
A idea é moi orixinal. A ouija está moi ben levada a cabo, coma o resto da estética en xeral. Os contidos son moi curiosos e entretidos, pero acceder a eles nunha primeira visita, non parece moi claro. Non me gusta a animación do televisor sen sinal, polo son que se repite cando lle cadra.
nota: 9
lunes, 19 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
sen dubida fran, esas i,axes das que falas, podeian estar cen mil veces mellor,
ResponderEliminarparece mentira cos modelos que habia diante da lente.
como xa dixen, trataremos de perfeccionar estes aspectos antes de colgar a paxina nun servidor, como temos previsto en principio.
un audo
PATRICIA COUCHEIRO
Grazas polos esforzos de revisar e valorar os proxectos dacordo cos pros e os contras do percorrido pola páxina e, por suposto, polo feito de non deixarse comprar por rondas de copas polos bares compostelanos. Moi ben esa idea de manterse lonxe de amores, amoríos e demais tonterías humanas. Encantoume ese equilibrio portentoso na banda do sobresaliente.
ResponderEliminarrepito, grazas
marotlo
Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
ResponderEliminarAgora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
Polo tanto, a nota de Maldia é 7,3.
marotlo
Perdón por non apuntar horario de revisión:
ResponderEliminar- hoxe martes, de 18:00-20:30
- xoves e venres de 12:30 a 14:00
-- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
-- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
-- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
marotlo
Deseño: Unha terceira páxina co fondo en negro, unha opción moi socorrida e que comunica forza e identidade. O negro para a película de serie negra ou para un grupo cun estilo de música moi específico. Non habería que dicir que está deseñado para unha determinada resolución. Resta fiabilidade á páxina este tipo de recomendacións. Ás veces son contaproducentes. Non é bo indicar para a resolución óptima nen programado para un navegador específico. A páxina tería que funcionar máis ou menos ben para todas as circunstancias. Páxina oficial era máis efectivo poñelo na primeira, na portada. Ten máis razón de ser.
ResponderEliminarFuncionalidade: Boa. O menú de navegación visible, funciona polo que hai claidade na distribución dos recursos, máis doado cantos menus recursos haxa.
Contido: Escasillo. En cancións, non hai nada? Poñer letras das cancións ou Dar máis informacións sobre os sitios onde se vai a actuar. Habería que coidar un pouco máis o contido e ser algo máis explícito na información ofrecida. É a páxina oficial isto crea unha responsabiliaede
Organización: ben a estruturación. Cando se alude a outro sitio, é mellor poñer o nome e non “nuestro blog” non nos identifica. Na páxina de contacto, coidar os enlaces, tal como están pérdese a páxina de referencia. Abrir os enlaces nunha pestaña ou pantalla nova, por exemplo. Contacto crea certa confusión. Non hai enderezo, correo electrónico ou algo máis específico. Enlaces. Todo nada web son enlaces. Enlaces non di nada, pero tampouco da moita información sobre as páxinas elegidas. Habería que dar algún dato para que se saiba de que van as páxinas, así non teñen ningunha funcionalidade.
ben traballado
marotlo
As notas definitivas inclúen
ResponderEliminarProxectos e axustes
Manual estilo: 0,4
Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
marotlo
Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
ResponderEliminarcadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
marotlo
festa da república galega
ResponderEliminarhttp://ocortellodalaracha.blogaliza.org/