viernes, 9 de octubre de 2009

Comentario sobre Ken and the dolls

Penso que, pasando por alto o feito de que a banda é inventada, a web ten todo o que ten que ter una páxina dun grupo de música. Ten vídeos, fotos de tódolos integrantes, noticias, biografía do grupo e de cada undos membros, datas e horarios dos concertos que van a tocar, a posibilidade de escoitar as súas cancións na propia páxina. Non lle falta de nada. A lástima é que o grupo non sexa de verdade, aínda que non sei ata onde poderían chegar...
A proposta está moi ben e curráronse moito tódolos aspectos coma se foran un grupo de música de verdade. A todo isto temos que sumarlle que a carga da páxina é moi rápida, o que facilita a navegación pola mesma.

Na miña opinión, esta é a mellor páxina de todas as que estamos a analizar.

Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario