A web é moi completa e ten un bonito deseño, aínda que o espazo está moi desaproveitado xa que o marco debería ocupar toda a pantalla.
Tamén chama a atención a parte superior esquerda, onde a frase "Escucha la radio en directo" debería ter cor branco sobre o mesmo marco.
Outro detalle algo feo son as imaxes dos controladores de volume e frecuencia, que presentan un aspecto pixelado.
A parte inferior correspondente á emisión actual das distintas cadeas de radio é simplemente estético xa que non ten ningún uso. O ideal sería que os enlaces ás páxinas, situados na parte superior esquerda do marco, ocuparan o lugar dos anteriores e que, a través deles, puideras acceder á emisión en directo de cada unha das cadeas.
Penso que a sección de historia da radio debería ser unha creada por eles mesmos e que non se limitara a ter enlaces doutras páxinas.
Polo demáis está moi ben.
Un saúdo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario