A páxina en cuestión comeza cunha "portada" que non ten razón de ser, sobre un fondo horrible e hortera.
Se prememos nos labios aparecen unha serie de apartados tales como "Curiosidades", "Parellas" ou "Citas Perfectas". O único bó a destacar podería ser a pequena animación ó salir ás imaxes da boca: nada do outro mundo, pero resultón.
Con este panorama de revista para adolescentes con torsos de futbolistas, pseudo-grupos de emocore e Avril Lavigne, o lector medio xa debería estar pechando a xanela. Mais, se somos un pouco masocas, ou temos pouco aprecio ós nosos ollos, podemos seguir clickando nos apartados anteriormente mencionados.
-"Curiosidades": cun debuxo de dúas persoas a punto de bicarse como portada, unha animación nos deixa ver o seguinte panorama: como título "Curiosidades", en negro pixelado a máis non poder, e debaixo unha frase que indudablemente nos induce a premer Entrar. Aparecen ante nós arredor de 25 anécdotas recopiladas de internet, algunas delas de nula veracidad.
Cabe desctacar que as demais seccións permanecen ó lado dereito do texto, coa posibilidade de acceder directamente dunha sección a outra sen ter que salir.
-"Tests": o mesmo título pixelado que o anterior, e unha serie de 8 tests tales como "Pensas que es homosexual?" ou "Eres un/unha pervertido/a?". Preguntas máis ou menos graciosas, pero respostes o que respostes sempre sale o mesmo texto.
E áte aquí a pequena review desta páxina web.
En resumo: páxina mal plantexada, cun fondo que da ganas de queimar a pantalla do ordenador, pero con animacións efectivas que lle da un pouco de vidilla a unha web fea e superficial.
viernes, 9 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario