viernes, 9 de octubre de 2009

Comentario sobre Wonderful 5

Sen dúbida temos que dar a noraboa aos nosos compañeiros que traballaron na creación desta páxina web. A idea é moi orixinal e a distribución dos elementos é simple pero eficaz. A combinación de cores é moi chamativa e é en parte pola cor das vestimentas dos superheroes. Ademais dun bo traballo informático vemos un bo traballo creativo e un amplo despegue en fotografía e vestiario.

As biografías dos personaxes están moi traballadas e a música acompaña moito nunha visita pola web.

Por certo, e para rematar, gustaríame dicir que non me importaría nada poñerme na pel de Mr. Brightside e poder defender o mundo acompañado de tanta beleza.

1 comentario:

  1. Lembrade que tendes que revisar o material sobre deseño que deixei na carpeta de documentación para ver as dúbidas e problemas que teñades cos textos.
    Lembrade que hai que usar os blogs e que todos tendes que participar en todos con ideas, recomendacións, cando se pide a colaboración... hai que estar atento.

    ResponderEliminar