Mostrando entradas con la etiqueta facebook. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta facebook. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de diciembre de 2009

Redes sociais

O tema das redes sociais é un tema que nos abrangue a todos, xa que todos nós podemos falar dalgunha das redes porque temos coñecemento delas, aínda que soamente sexa de youtube.

Primeiramente, temos que dicir que o que buscamos nunha rede social é axilidade, é rapidez e fácil acceso aos contidos da mesma. Por iso, se temos que poñernos de acordo e decidir cal é a nosa rede social favorita, o resultado é claro: Tuenti. Eliximos esta rede social pola súa rapidez e pola sús eficacia á hora de poñernos en contacto cos demais. Un gran avance nesta páxina foi a introdución recente dun chat que permite unha comunicación en tempo real coas nosas amizades.

Para rematar queremos falar do Facebook. Parecenos unha páxina mal deseñada -un barullo de cousas- e moitas das aplicación son de dubidosa utilidade. Aínda así, tamén a utilizamos aínda que en menor medida.

Un saúdo!!!