O tema das redes sociais é un tema que nos abrangue a todos, xa que todos nós podemos falar dalgunha das redes porque temos coñecemento delas, aínda que soamente sexa de youtube.
Primeiramente, temos que dicir que o que buscamos nunha rede social é axilidade, é rapidez e fácil acceso aos contidos da mesma. Por iso, se temos que poñernos de acordo e decidir cal é a nosa rede social favorita, o resultado é claro: Tuenti. Eliximos esta rede social pola súa rapidez e pola sús eficacia á hora de poñernos en contacto cos demais. Un gran avance nesta páxina foi a introdución recente dun chat que permite unha comunicación en tempo real coas nosas amizades.
Para rematar queremos falar do Facebook. Parecenos unha páxina mal deseñada -un barullo de cousas- e moitas das aplicación son de dubidosa utilidade. Aínda así, tamén a utilizamos aínda que en menor medida.
Un saúdo!!!
Comprobo, ata o de agora, que a rede social por excelencia é tuenti. está ben, o importante é que sexamos capaces de identificar as bondades e os aspectos pouco relevantes dos sitios webs. Isto axudaranos a evitar algúns erros.
ResponderEliminarmarotlo
Dende Salpicón de Marisco estamos dacordo na pouca utilidade do Facebook, que non vai moito máis aló de permitirnos falar con xente no extranxeiro de forma gratuita (e para iso hai instrumentos moito mellores, como o Skype).
ResponderEliminarMoito ánimo para o voso deseño de páxina web!!!
Canto cariño lle tedes ao facebook.
ResponderEliminarÉ verdade que o que se busca nunha rede social é a axilidade, pero tamén outras cousas, como a funcionalidade e as opcións que lle outorga.