martes, 15 de diciembre de 2009

Deseño web centrado no usuario

Da exposición dos nosos compañeiros o que máis nos gustou e o que queremos destacar foi unha frase que se repetiu ao longo do traballo e tamén en moitos outros traballos: "O usuario é vago por natureza e non debemos facelo traballar". Canto de razón ten esta frase! Gustánnos as páxinas ben deseñadas, eso está claro; mais tamén nos gustan as páxinas cómodas aínda que estean un pouqiño peor deseñadas. Non nos gusta pensar, ter que dar voltas pola páxina buscando un botonciño pequeno que poña "prema aquí"; gústanos ver un botón ben grande e de cor amarela ou verde que poña: "vota", como dicía Xacobe.

Particularmente, e como amantes dos deportes, visitamos moito a páxina web do diaría Marca e gustaríanos destacar a facilidade de utilización da barra onde están debuxados os escudos dos equipos de fútbol e a través dos cales accedemos á información relacionada con tales equipos.

Nada mais, con isto queda claro a nosa postura de cara ao tema do deseño centrado no usuario: non queremos pensar cando estamos diante dunha páxina web así que, por favor compañeiros, cando fagades o voso proxecto, que non nos faga pensar.

Un saúdo!!





3 comentarios:

  1. O profesor Saco elaborou un vídeo tutorial sobre Dreamweaver ó que podedes acceder a partir de USC virtual>campus virtual da Usc> e xa nesta dirección
    http://www.usc.es/campusvirtual/
    identificadesvos, buscades a materia de Deseño e buscades o tutorial.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. hai que aprender, hai que copiar, hai que reutilizar, hai que readecuar cousas que vexamos naquelas páxinas que usamos, que nos gustan, hai que pensar porque nos gustan, porque son facilides de utilizar, para aprender e adeuar os nosos proxetos.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. O usuario debe de ser como Homer Simpson, isto é, non debe matarse moito ao acceder a unha páxina. As páxinas estarán orientadas a axudar ao visitante e poñerlle mais sinxelo a navegación

    ResponderEliminar