martes, 8 de diciembre de 2009

Algunhas consideracións sobres as exposicións do pasado mércores

Logotipos:
  • Polo xeral, o traballo gustounos moito e cremos que se debe en parte pola participación que requiriron dos compañeiron que miraban a exposición.
  • Para crear un logotipo para a nosa empresa, temos que ter en conta o que quere ser a nosa empresa, o que é de feito e designar unha serie de cualidades que caractericen á nosa empresa para poder crear un logo acorde co que queremos expresar.
  • Se as calidades que queremos mostrar ao público son serias ou simples temos que ter un logotipo serio, sen moitos cores e cunha tipografía normal sen grandes artificios. Exemplo:
  • Aquí ibamos a poñer o link da páxina do xogo dos logos pero non me deixa poñelo e non sei por que é; dame o erro de not found. Se queredes xogar pedídelle a Zaida que volo pase ou entrade no tuenti de Adrián e buscade o comentario da susodita Zaida.


Unha páxina ben diseñada


O traballo de Borja, Diego e Alberto foi moito máis teórico pero non por iso menos interesante. Expuxeron de maneira moi seria cales son os criterios que temos que ter en conta á hora de elaborar a nosa páxina web. Non sei se falaron da música, mais se non o fixeron gustaráime mencionar aquí o consello que nos deu Fran nunha das súas clases maxistrais: a música nunha páxina web e moi molesta, de non ser nunha parte especial -como as que todos coñecemos do myspace-.

Os consellos que este grupo nos deron xa case todos os coñecemos: non utilizar letras moi grandes, ter moito coidado coas cores, que a paxina teña un equilibrio entre forma e fondo, etc.

Por último, e nun alarde de facernos traballar, este grupo deixou un tema a debate: a wikipedia. Pois ben, o noso grupo consideramos que a wikipedia é unha moi boa ferramenta de traballo. Temos que dar tamén un voto de confianza a toda esa xente que traballa para nós e non dubidar totalmente do que di a wikipedia. O único que temos que facer é contrastar o que di a wikipedia con outras opinións e información doutras páxinas web ou doutras fontes nos electrónicas. E vos, ¿que pensades da wikipedia?


Un saúdo compañeiros!!




3 comentarios:

  1. Os interesados, tendes aqui os links

    gracias polas consideracións

    http://www.youtube.com/watch?v=NKlvDHgnmDo

    http://www.javimoya.com/blog/especial/juegomarcas/



    a xogar!!!!!!! festa!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. ¿expuxeron de forma moi seria??? Vamos, coma se fora un funeral

    Agradecemos a súa colaboración no tema de debate

    ResponderEliminar
  3. O recuncho dos lacazáns parece que queren algo de tortura. Son un clube de fans da mán dura. non se conforman con loubanzas...
    Foi unha pena o que non poideramos debatir sobre a utilización da wikipedia ou páxinas similares. Era un bó debate. pero en calquera caso, sempre, como norma básica, é que hai que contrastar a informació, aló menos, con dúas fontes, tal como o especifica Furio Colombo en ültimas noticas sobre el periodismo (1995), algo vello o texto, pero absolutamente actual.
    marotlo.

    ResponderEliminar